


Levo uns cantos días sen escribir aquí, e é que estiven dándolle voltas á idea de facerme un blog no que poder escribir sobre o que me pete. Isto comezou un pouco a rebufo de Paula, porque me parecía moi guai a súa idea de facer un diario cinematográfico e reseñar todas as películas que vira. Pero non sempre teño algo que dicir, e case nunca teño algo interesante que poñer, así que vou deixar de actualizalo ata novo aviso.
Poderedes atoparme en http://unmounstro.blogspot.com
Iso si, antes de nada quería avisar de que este domingo, ás 21 horas, no Teatro Principal, terá lugar a segunda edición de Festicurta, na que se proxectarán As relacións son difíciles (Cibrán Tenreiro, 2011) e Stan Kurdi. Historia do fascismo cinematográfico (Raquel Ramos Silva, 2011), entre outras cousas que molan moito. E a entrada é de balde, así que eu recoméndovos que non volo perdades, aínda que se ledes este blog probablemente me coñezades e probablemente xa vos teña dito que vaiades.
Se queredes ler algo medianamente decente, non leades esta entrada porque non me esforcei moito. Probablemente o máis preto que estiven de escribir cousas que me gustaran foi nas seguintes entradas:
http://comoserpeterbogdanovich.blogspot.com/2011/03/todas-las-canciones-hablan-de-mi-jonas.html
http://comoserpeterbogdanovich.blogspot.com/2011/02/jonathan-e-emilio.html
http://comoserpeterbogdanovich.blogspot.com/2011/01/paper-moon-peter-bogdanovich-1973.html
http://comoserpeterbogdanovich.blogspot.com/2011/01/frankenstein-james-whale-1931.html
http://comoserpeterbogdanovich.blogspot.com/2010/12/la-jetee-chris-marker-1962.html
http://comoserpeterbogdanovich.blogspot.com/2010/12/new-york-new-york-martin-scorsese-1977.html
http://comoserpeterbogdanovich.blogspot.com/2010/11/elisa-k-judith-colell-e-jordi-cadena.html





