11 de Maio de 2011

Funny face (Stanley Donen, 1957)


Nos musicais, a xente pode comezar a cantar e bailar en calquera momento. No momento no que aceptas esa norma (ou no momento en que consigues que o público a acepte) pode convertirse nun instrumento marabilloso para crear fantasía, felicidade, beleza. Como fixo Donen en Cantando bajo la lluvia, que é o musical máis clásico.

Pero aquí non sei o que pasa. Son Audrey Hepburn e Fred Astaire, e debería ser outra cousa. Debería ser máxico e non o é. É mediocre. Non do querer e non poder, senon do poder e non querer, que é o peor. Porque Stanley Donen dirixiu a Audrey marabillosamente en Charada e Dos en la carretera. E aquí todo o seu encanto está ó servizo dun personaxe que non lle fai xustiza. O marabilloso sería deixarse levar por todas esas cores, pola simpatía de Astaire, pero é que eu non "empaticalizo" con eles. Porque os modelos de conducta teñen aquí un regusto conservador que non me gusta nada (e estráñome disto, porque non acostuma a preocuparme en absoluto).

E podía ser, entón, máis clásico. Porque ser clásico é un grao.

0 comentarios:

Enviar um comentário